O pazo do Bidueiro acolleu onte a tradicional xuntanza de maiores
Arredor de 700 persoas desfrutaron note da
tradicional xuntanza de maiores que cada ano organiza o Concello de Ordes. Unha
cita que novamente tivo lugar no Pazo do Bidueiro onde, a partir das 13.30
horas, deron comenzo todos os actos de celebración previstos.
Misa cantada
O primeiro foi
unha misa cantada na que o coro parroquial participou activamente coas súas
interpretacións, que foron seguidas por todos dende os mesmos xardíns da
edificación.
De seguido o alcalde de Ordes, Manuel Regos, tivo unhas palabras
de benvida e agradecemento a todos, animándoos a desfrutar da festa, do pazo e
do xantar. Empanada, polbo con patacas, carne, viño, postres, cafés e moito
máis foi o que se degustou.
Baile e música
Novamente o baile e a música marcaron a sobremesa
na que moitos se arrancaron a bailar e cantar. Entre eles o equipo de Goberno
ao completo, así como representantes das diversas formacións políticas que
constitúen a Corporación ordense.
*