lunes, 26 de mayo de 2014

Luis Calvo e Ural, campións en categorías biberón e prebenxamín


Celebrouse a primeira queda do IX Torneo de Fútbol 8 Concello de Ordes
Esta fin de semama disputouse a primeira quenda de partidos pertencentes ao IX Torneo de Fútbol 8. Unha cita que congregou a centos de afeccionados e seguidores que encheron o campo de herba da Cidade Deportiva de Vista Alegre.
Concretamente foi o turno de medir forzas entre os equipos biberón e prebenxamín. Resultaron gañadores o Luis Calvo, ao vencer por 1-4 aos do Órdenes, e o Ural que acadou ante o Victoria un marcador de  2–1, respectivamente.
 Na categoría biberón os nenos da S.D. Club Órdenes quedaron subcampeóns despois de pasar como primeiros de grupo e enfrentarse en semifinais ao Once Caballeros, cun marcador final de 4–0. Na outra semifinal enfrentáronse o San Tirso 2–5 Luis Calvo.
Próximos partidos
Xa de cara ao vindeiro sábado disputaranse os encontros das categoría alevíns e benxamíns. Os equipos participantes serán: San Tirso, Arteixo, Visantoña, Bertamiráns, Olímpico, Victoria, L. Calvo, Tordoya, V. do Ulla, X. Oroso, Ural, Cambre, Cerceda, Laracha, Conxo, Deportivo, Once Caballeros e os equipo A e B da S.D. Club Ordes.
*