Como novidade deste ano, dedicaráse unha xornada ás cooperativas agrarias
A Degustación do Champiñón será o domingo 27
Expo Ordes xa ten
confirmadas as súas datas de celebración. Concretamente serán os días 25, 26 e
27 de abril. Será a partir das 21:00 horas cando se abran as portas do recinto feiral no Campo da Feira.
Trátase dunha
das feiras multisectoriais máis importantes da comunidade galega, na cal se
amosan as últimas novidades de sectores tan variados como a da construcción,
ocio e tempo libre, agricultura, electrodomésticos, automoción, maquinaria
agrícola, alimentación, cosmética, seguros, carpintería, asociacións e
organizacións sociais etc.
Xornadas
A xornada inaugural arrancará ás 21:00 horas
e nela ofreceráselle unha homenaxe aos empresarios e autónomos da
zona. De cara ao sábado 26 de abril será o día adicado á Diversidade Funcional,
á Mancomunidade de Ordes e, este ano como novidade, ás cooperativas agrarias. A
nota musical virá da man da charanga Ruada.com.
O domingo vivirase o día grande desta
cita multisectorial coa XXV Degustación do Champiñón, na que os establecementos hostaleiros da zona
repartirán gratuitamente con cada consumición unha tapa elaborada con este
producto.
Haberá actuacións musicais a acargo do grupo de gaitas de Os Viqueiras de Ordes e da
Banda de Música de Ordes, ademais das charangas NBA e Mekánika.
*