Será o domingo 18 de maio e o prazo para apuntarse vai do 9 de abril ao 9 de maio
A tradicional festa dos
maiores que cada ano organiza o Concello de Ordes terá lugar o vindeiro domingo 18 de
maio. Novamente será o pazo do Bidueiro o punto onde se leve a cabo este
animado encontro.
A cita arrancará ás 13:30
horas cunha misa nos propios xardíns do pazo, seguida dun xantar. A
xornada tamén virá marcada pola música e a diversión e contará con animacións
musicais.
Para poder asistir é
necesario apuntarse previamente dende o 9 deste mes ata o 9 de maio nos baixos
da Alameda. Ademais de pagar un prezo de cinco euros tamén haberá que
presentar o DNI.
*