A educadora familiar da Mancomunidade tamén explicoulle aos pequenos en que consiste a súa profesión
O clube de lectura da
biblioteca de Ordes celebraron un novo encontro no que os seus integrantes
comentaron e puxeron en común a lectura acordada para estas últimas semanas, Unha lúan na fiestra de Agustín Fernández Paz.
Ademais tamén contaron cunha
invitada moi especial, Begoña Lorenzo, educadora familiar da Mancomunidade de
Ordes. Esta profesional integrada dentro da área dos servizos sociais da
comarca tivo ocasión de explicarlle a todos eles en qué consiste a súa
profesión e os principais obxetivos do seu traballo, así como as funcións máis
habituais no seu día a día.
O agasallo de Annia
Os nenos e nenas deste club aproveitaron a súa
presenza para resolver dúbidas na resolución de conflictos e no comportamento
máis adecuado tanto no ámbito académico como familiar. O agasallo de Annia escrito por Sabela Núñez é o seguinte título sobre o que se traballará na
próximo encontro.
*