Pedreira: "“Esperamos contar co apoio da gran maioría desas 36.000 persoas que se agarda que visiten a vila durante esta fin de semana"
O PSOE de Ordes está a organizar unha recollida de sinaturas na defensa do
partido xudicial ordense durante a celebración de Expo Ordes 2014.
Os socialistas dispoñen dun espazo na feira
multisectorial ordense para que todos os que a visiten teñan a oportunidade de
amosar o seu rexeitamento á Lei de Demarcación e de Planta Xudicial, que
contempla a desaparición de partidos xudiciais como os de Ordes e a súa
concentración nas capitais de provincia, neste caso na Coruña.
Xesús Pedreira (PSOE). |
“Esperamos contar co apoio da gran maioría desas 36.000 persoas que
se agarda que visiten Expo Ordes durante esta fin de semana, coincidindo coa
celebración da Festa do Champiñón”
“É importante que todos os veciños, tanto de Ordes coma do resto da comarca,
asinen este manifesto para amosar que non están dispostos a ter que
desprazárense a máis de 40 quilómetros para recoller un simple certificado”
"A reforma proposta por Gallardón non suporá
aforro ningún para a Administración e, pola contra, só dificultará aínda máis o
acceso á Xustiza dos veciños e veciñas de Ordes"
"A proposta do señor Gallardón
é totalmente anacrónica, mentres nos Concellos nos esforzamos por achegar máis
a Administración ao cidadán a través de procedementos telemáticos, o ministro
de Xustiza semella que só quere afastar a Xustiza da veciñanza”
*