miércoles, 9 de abril de 2014

Novos problemas ca calidade da auga en Ordes

Estado da auga hoxe, nunha billa do Recreo, en Ordes.
Recouso: "Esiximos que Manuel Regos ofreza explicacións, ademais de solucións, ante un problema que está a causar alarma social" 

O Grupo Municipal do BNG de Ordes denunciou hoxe “que desde hai varias semanas se veñen producindo problemas no suministro de auga potábel de xeito reiterado. Estes problemas afectan á calidade da auga suministrada que en reiteradas ocasións está saíndo avolta das billas dos usuarios”

As frases de Ramiro Recouso, voceiro municipal do BNG de Ordes
“Esta situación está a provocar un grande malestar entre os veciños da Vila de Ordes, porque non saben si a auga que chega ao seu domicilio cumpre as mínimas condicións sanitarias para o seu consumo”   

"Lamentamos a ausencia de explicacións por parte de Manuel Regos ante esta situación. Mais unha vez Regos nin está, nin se lle espera, ante un problema que sempre causa alarma social 


"Esiximos que Manuel Regos ofreza explicacións, ademais de solucións, ante o problema de suministro de auga potábel que está a sufrir Ordes desde hai varias semanas, o que demostra que non se trata dun caso puntual, senón que se trata dun problema bastante máis serio e que debe ser atallado de xeito inmediato”

*