jueves, 17 de abril de 2014

Sigüeiro acollerá a VII Mostra de Obradoiros da Comarca de Ordes

Terá lugar dende o 9 ata o 16 de maio

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrará dende o 9 ata o 16 de maio a VII Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes. Unha nova edición na que participarán arredor de 30 asociacións e que terá lugar no centro cultural Fernando Casas e Novoa, en Sigüeiro, e que se inaugurará ás 20:00 horas. 

O acto contará coa presenza do actual presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos, ademais dos alcaldes de cada un dos sete concellos que a compoñen.

Participantes
Nesta ocasión os participantes serán o Obradoiro Municipal de Traballos Manuais e Pintura do Concello de Cerceda, Obradoiro Municipal de Traballos Manuais do Concello de Frades, Obradoiro Municipal de Coiro e Custura do Concello de Mesía, Obradoiro Municipal de Debuxo e Pintura do Concello de Ordes, Unidade Galega de Veciños e Mulleres Rurais de Montaos (Ordes), Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes, Asociación Veciñal ‘O Cruceiro’ de Beán (Ordes), Curso de Habilidades Sociais para Persoas con Discapacidade de Ordes, e Obradoiros Municipais do Concello de Oroso.

Tamén as asociacións veciñais ‘Penateixa’, ‘Garga Trasmonte’e ‘Pena do Tesouro’ (Oroso), Asociación Andaina Pro Saúde Mental (Oroso),  Asociación de Mulleres ‘Pedralonga’ (Tordoia) e a Asociación de Mulleres de Trazo.

*