viernes, 4 de abril de 2014

O PSOE insta no Parlamento a que a Xunta repare a estrada Ordes-Cerceda

Pedreira: "Os ordenses só recibimos da Xunta promesas incumpridas"

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a instancias da Agrupación Socialista de Ordes, vén de presentar varias iniciativas no Parlamento de Galicia para conseguir atopar unha solución á estrada de Mercurín e o seu progresivo deterioro

Os deputados socialistas Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández Fernández e Xosé A. Sánchez Bugallo presentaron sendas proposicións non de lei e unha batería de preguntas orais para seren debatidas en Pleno e Comisión.

Nos seus escritos, os socialistas lembran que a estrada que une Cerceda e Ordes por Mercurín é unha vía de comunicación fundamental para os habitantes de ambos municipios. Ademais, denuncian a inacción por parte da Xunta de Galicia durante os últimos cinco anos, nos que non foi quen de formalizar un convenio de colaboración co Concello de Ordes e co Ministerio de Industria ao abeiro do Plan Míner para arranxar esta estrada. 

Unhas obras que xa están presupostadas que que supoñen un importe de 2,8 millóns de euros para ampliar a estrada ata acadar un ancho de 10 metros, con beirarrúas de metro e medio a cada lado.

"Promesas incumpridas" da Xunta
Asemade, lembran que de maneira reiterada se fixeron varias solicitudes ante a Xunta de Galicia, sobre todo entre os anos 2011 e 2014, que só recibiron como resposta unha serie de promesas incumpridas

De feito, a última resposta do conselleiro de Medio Ambiente tivo lugar o 25 de marzo de 2013 e se limitou a dicir que “no actual contexto económico, non é posible destinar ningunha partida orzamentaria para mellorar a estrada”.

Xesús Pedreira (PSOE).
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes
“Os socialistas pretendemos que o Parlamento de Galicia inste á Xunta de Galicia a que realice as xestións necesarias para a firma do convenio do Plan Miner, comezando a execución das obras na estrada que une Cerceda e Ordes por Mercurín no prazo máis breve posible, e que a Xunta asuma a titularidade da estrada de Mercurín”

“Queremos que Sogama asuma o deterioro que está a sufrir esta estrada debido ao tráfico que soporta de camións que se dirixen diariamente ao vertedoiro de Areosa, transportando residuos sólidos urbáns

*