miércoles, 9 de abril de 2014

O Concello de Ordes organiza unha excursión a Portugal


Prazo de inscrición aberto ata o 23 de maio

O departamento de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Ordes ten organizada unha viaxe a Portugal de cara aos próximos 31 de maio e 1 de xuño. 

A feira de Tocha, Aveiro, Viana do Castelo e Santa Lucía son os puntos principais a visitar nesta viaxe cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de maio nos baixos da Alameda. Máis información chamando ao teléfono 981680002.

*