viernes, 4 de abril de 2014

Manuel Viqueira xa figura entre os grandes expertos da danza tradicional en España

A Comisión, reunida recientemente en Madrid. Manuel Viqueira, o cuarto pola esquerda, de oscuro. 
O director do Museo do Traxe de Ordes foi recentemente nomeado en Madrid secretario da Comisión da metodoloxía da danza tradicional

O actual director do Museo do Traxe Juanjo Liñares, Manuel Viqueira, foi escollido secretario da Comisión para a creación da metodoloxía da danza tradicional tras unha xuntanza levada a cabo a pasada fin de semana na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid. 

O cometido principal para este recentemente creado grupo de traballo será o establecemento dun método de traballo homoxéneo para todas as formacións, estudosos ou persoas relacionadas coas diversas danzas tradicionais de España.

As frases de Manuel Viqueira, director do Museo do Traxe de Ordes
“Pretendemos que se poida dar a coñecer o noso legado neste eido e que todos os músicos do mundo poidan acceder e interpretar este tipo de pezas sen ningún problema" 

"Queremos establecer e unificar os criterios para unha correcta e efectiva interpretación, conservación e difusión do noso folclore

Juanjo Liñares foi un pioneiro xa que o seu legado inclúe unha importante documentación gráfica, visual, sonora e de apuntes propios que abordan este tema”

     
*