Os nacionalistas consideran que as prioridades de Ordes non pasan por habilitar novos espazos relixiosos
O
Grupo Municipal do BNG de Ordes considerou onte "inaudito" que o Goberno municipal envestira 27 000 euros para a rehabilitación da antiga escola rural de Villasenín-Leira "e permitir que se celebren oficios relixiosos".
Desde o BNG lembran “que Manuel Regos ten pendente de resolver os problemas das estrada Ordes-Cerceda, que pasa ao pe desta antiga escola, e que hai prioridades a hora de investir o diñeiro público". E estas prioridades, aseguran os nacionalistas, "non son as de habilitar novos espazos relixiosos”
Ramiro Recouso (BNG). |
As frases de Ramiro Recouso, voceiro do BNG de Ordes
“Non compartimos que Manuel Regos destine cartos
públicos para rehabilitar un edificio de propiedade municipal, para destinalo a
pseudo igrexa católica, permitindo oficios relixiosos no mesmo. Permitindo unha
decoración ad hoc para facilitar a práctica destes ritos relixiosos”
“O Concello de Ordes forma parte dun estado laico, no que os poderes
públicos non poden facer apoloxía de ningunha relixión”
“Non resulta estraño este comportamento por parte de Regos e do
seu grupo de Goberno, dado que teñen moitos pecados que purgar, mais estes
actos de penitencia teñen que ser sufragado cos seu diñeiro particular e non co
de toda a cidadanía de Ordes ”
*