A rotura dunha tubería de fibro cemento foi a causante de que nestas últimas horas a auga presentase este aspecto”, asegurou a concesionaria
O alcalde de Ordes, Manuel
Regos, vén de reclamar un informe detallado sobre a subministración da auga
potable á empresa concesionaria deste servizo no municipio, Espina y Delfín.
Esta mesma mañá o
alcalde mantivo unha xuntanza tras o coñecemento dunha queixa por parte dun veciño
na que se denunciaba que a auga mostraba un aspecto excesivamente turbio.
Neste encontro informouse
sobre unha avaría acontecida onte arredor das 22.30 horas e que afectou ao todo
o municipio, agás ao polígono industrial de Merelle.
“A rotura dunha tubería de
fibro cemento foi a causante de que nestas últimas horas a auga presentase este
aspecto”, manifestaron dende a concesionaria.
*