jueves, 17 de abril de 2014

A carreira de cross ambiental chega a Ordes o 1 de maio

Patrocinada por Tahití Zumos Naturais, La Caixa, María Fraga, Eurofrut, Hamburguesería A Bolera, Deputación da Coruña e Concello de Ordes

O VI Cross Ambiental e a III Andaina Concello de Ordes Memorial Xosé Estebo  celebrarase o vindeiro xoves 1 de maio a partir das 17:00 horas. O Campo da Feira será o punto de encontro para todos os corredores. Unhas probas que o ano pasado congregaron a máis de 300 atletas de todas as idades.

Unha competición na que poderán participar xente de todas as idades con percorridos que van dende os 100 ata os 9.500 metros. Nesta edición os premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría serán variados e irán dende cantidades en metálico a trofeos, medallas e agasallos sorpresa

A todos os participantes tamén se lles entregará gratuitamente unha entrada para poder disfrutar dunha xornada no Museo do Traxe Juanjo Liñares, ademais de froita e bebida coa que hidratarse unha vez concluida a proba.

Inscricións
Aqueles que queiran participar teñen ata o próximo 30 de abril ás 20:00 horas para inscribirse a través da web www.correrengalicia.com. Tamén dispoñen do teléfono 660694586 e do correo electrónico atletismoordes@hotmail.com para solicitar máis información.


Esta proba está organizada polo Club de Atletismo Ordes e patrocinada por Tahití zumos naturais, La Caixa, María Fraga, Eurofrut, Hamburguesería A Bolera, Deputación da Coruña e Concello de Ordes.

*