miércoles, 9 de abril de 2014

A violencia en Ordes, contra as cordas

A mesa de traballo contra a violencia, reunida onte en Ordes.
A Xunta de Seguridade Local acorda a constitución dunha comisión de coordinación policial

Na mañá de note tivo lugar a Xunta Local de Seguridade do Concello de Ordes, tendo como principal punto da orde do día a constitución da Comisión de Coordinación Policial

Unha proposta que saíu aprobada co fin de apoiar e asesorar á Xunta Local, e que estará formada polos xefes da Policía Local e da Garda Civil.

Por outra banda, tamén quedou emprazada á mesa de coordinación institucional para o avance en cuestión de casos de violencia de xénero entre todos os axentes implicados. 

Outro dos asuntos abordados foi o referente á seguridade viaria, punto no que a comisión acordou realizar unha valoración dos problemas que se presentan nesta materia nas entradas ao Concello da N-550. 

Seguridade cidadá
Por outra banda, tamén se valorou moi positivamente o elevado grao de seguridade cidadá que presenta o Concello de Ordes, tras o informe ofrecido polas forzas de seguridade segundo as súas intervencións dentro do perímetro municipal.

Asistentes

Os asistentes á sesión que tivo lugar nos baixos da Alameda, foron: o subdelegado do Goberno, Jorge Atán; o coronel xefe da Comandancia da Coruña, Benedicto González; o comandante de posto de Ordes, Antonio Castrillón; o inspector xefe da Policía Autonómica, Vicente Carballo; o xefe da Policía Local, Eduardo Rodríguez; o alcalde e tenente de alcalde de Ordes, Manuel Regos e Silvia Marín, respectivamente; e o sarxento xefe do Parque Comarcal de Bombeiros, Honorino Raña, entre outros.

*