Os veciños tamén poderán realizar actividades de todo tipo
O alcalde de Ordes, Manuel
Regos, inaugurou hoxe o novo local social ubicado na na zona de Bailía, na parroquia de Leira.
Un novo espazo que conta con dúas prantas nas
que ademais de oficios relixiosos os veciños e veciñas poderán realizar
actividades de todo tipo. Á misa inaugural acudiron ademais do alcalde a
tenente de alcalde e os concelleiros de Cultura, Urbanismo e
Medio Ambiente.
*