Martínez Sanjurjo: “Os veciños teñen dereito a saber a verdade, e unha nova negativa sería
interpretada como unha admisión de culpabilidade por parte do alcalde”
O Grupo
Municipal do Partido Popular de Ordes reclamará no pleno de mañá, a constitución dunha comisión de investigación en relación coas facturas
presuntamente falsas que a empresa concesionaria da escola infantil municipal
tería presentado para cadrar as contas do exercicio de 2010.
O importe facturado de maneira irregular tería ascendido, supostamete, a
20.000 euros, segundo a información publicada recentemente tomando como base
investigacións do Servizo de Vixiancia Aduaneira (SVA) nun procedemento no que
está imputada a tenente de alcalde de Ordes, Silvia Marín.
Martínez Sanjurjo confía que que tanto o alcalde como a súa número dous cambien de
actitude e “permitan que os veciños de Ordes podan coñecer a verdade, porque
ata o de agora se esforzaron -e hai que recoñecer con éxito-, en ocultar todos
os aspectos cuestionables da súa xestión”.
Martínez Sanjurjo (PP). |
“Os veciños teñen dereito a saber a verdade, e unha nova negativa sería interpretada como unha admisión de culpabilidade por parte do alcalde, que como responsable de canto sucede no Concello, ten a obriga de dar a cara e ofrecer unhas explicacións que polo de agora, non ten facilitado”
"Ao solicitar a comisión de investigación non prexulgamos a ningúen: se o
Concello xestionou con neglixencia deberá responder política e xudicialmente; e
se a mala praxis foi só da empresa haberá que actuar en consecuencia. Pero o
que está claro é que hai que actuar”
*