Manuel Regos (der.) xunto a Alfonso Rueda e Belén do Campo, o luns en Ordes. |
Regos: "Agora tócanos aos ordenses decidir o uso destas instalacións"
O alcalde insta a destinarse a oficinas da Mancomunidade
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, formalizou na mañá do pasado luns co vicepresidente da Xunta
de Galicia, Alfonso Rueda, a cesión do Centro Comarcal de Ordes. Trátase dun inmoble
de 700 metros cuadrados, pechado desde 2012, con dúas plantas e destinado á exposición e promoción
dos recursos da comarca, situado na estrada N-550 no lugar das Casillas.
O edificio foi cedido polo Concello de Ordes á
Xunta de Galicia tras un acordo alcanzado en xaneiro de 1998. No pliego de condicións especificábase a obriga de reversión á
administración local no caso de que variase a utilidade de ditas instalacións.
“Agora tócanos decidir o uso destas instalacións”
“A Mancomunidade de Ordes é importante, e ten un bo funcionamento, polo
tanto debe de ter unhas oficinas e unhas instalacións acordes con ela, dignas e
que sexan funcionais”
*