jueves, 17 de abril de 2014

Aberto o prazo para un novo curso de carretilleiro

Desenvolverase en horario de mañá e tarde o sábado 10 de maio

O Concello de Ordes vén de abrir o prazo para participar no curso de carretilleiro que terá lugar o sábado 10 de maio. Para iso deben dirixirse ata o 8 de maio como data límite á axencia de emprego e desenvolvemento local, situada no primeiro andar da Casa do Concello, ou ben á oficina de orientación laboral pertencente á Mancomunidade de Ordes, nos baixos da Alameda. 

Tamén poderán contactar a través dos teléfonos 981 680 002 ou 981680 679.


Teoría e práctica
O curso constará dunha parte teórica, que se desenvolverá en horario de mañá, e dunha parte práctica, que se levará a cabo en horario de tarde. 

Entre os contidos que se abordarán figura a revisión da máquina, a recollida e suxeición da carga, a circulación cara adiante e atrás, a cisión e posición dos operarios, a altura da carga en marcha, o estacionamento ou a seguridade, entre outros aspectos.

*