Segundo o equipo ROCA, resulta esencial compartir información entre os veciños de movementos extraños arredor das explotacións
Na mañá de onte tivo lugar a primeira das dúas charlas que o Equipo de Roubos no Campo
(ROCA), pertencente á Garda Civil, está ofrecendo no Concello de Ordes. Trátase
da primeira sesión deste tipo que se leva a cabo en toda a provincia.
O espazo
escollido para esta xuntanza foron os baixos da Alameda, onde os integrantes
desta unidade ofreceron un decálogo de medidas de seguridade para os
agricultores e gandeiros .
Compartir información
Como exemplo pódese destacar a
importancia de compartir información de movementos estraños arredor das
explotacións, a anotación de matrículas, preparar lugares de seguridade para
ferramentas e material de traballo, a comprobación de pechaduras e ou a
utilización do teléfono 062 para a denuncia ou xestións relativas a roubos e
substracción.
Entre os asistentes desta mañá figuraba o concelleiro de Medio Ambiente de Ordes,
Luís Gómez Candal.
*