jueves, 17 de abril de 2014

Conta atrás para unha nova edición de Expo Ordes

Regos: "O ano pasado contabilizáronse máis de 36.000 visitantes, unha cantidade que esperamos superar nesta nova edición"

A Feira Multisectorial e de Maquinaria Agrícola Expo Ordes 2014 contará este ano arredor de 120 postos dedicados a diversas actividades como a alimentación, automoción, construción, moble, medio ambiente, deportes, mecánica, téxtil, institucións e asociacións, entre outros, estarán presentes na que está considerada como unha das citas empresariais máis importantes da provincia. 

O programa arrancará o venres 25 de abril coa inauguración do recinto feiral a partir das 21:00 horas. Un día dedicado especialmente aos empresarios e autónomos do municipio. 
 
Xornada do sábado
Ao día seguinte a xornada estará especialmente dedicada á diversidade funcional, á Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e, este ano como novidade destacada, ás cooperativas agrarias.  

Teñen confirmada a súa asistencia as cooperativas Xeira, A Capela, Frugal, Montecabalar, Queinaga, Bodegas Eidosela, Vicolago e Feiraco. A charanga Ruada.com será a encargada de animar esta xornada, ata que o recinto feiral peche ás 21:00 horas.
  
Degustación do champiñón

As portas volverán abrirse o domingo 27 a partir das 10:00 horas. A XXV Degustación do Champiñón En total estímanse que serán máis de 7.000 quilos os que se preparen. O grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, a Banda de Música de Ordes e as charangas NBA e Mekánika axudarán a facer festa.

Manuel Regos, alcalde de Ordes.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“As cifras de Expo Ordes poñen de manifesto a saúde coa que conta a feira. O ano pasado contabilizáronse máis de 36.000 visitantes, unha cantidade que esperamos superar nesta nova edición”

*