miércoles, 9 de abril de 2014

A Mancomunidade actualiza a ordenanza de axuda a domicilio

Ofrece este servizo a un total de 24 usuarios

O pleno da Mancomunidade de Ordes do mes de abril vén de actualizar a nova ordenanza reguladora do servizo de axuda a domicilio

Unha nova normativa polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu cueto. 

A Mancomunidade de Ordes, que a día de hoxe ofrece este servizo a un total de 24 usuarios, oito deles baixo a asignación de libre concurrencia, estase pendente da publicación dos novos baremos e actualizacións que establezca a Xunta de Galicia para a concesión detas axudas. 

Dende o Goberno autonómico indican que ao longo deste mes xa estarán dispoñibles os novos datos.

Expo Ordes

Por outra banda tamén se acordou unanimemente a instalación dun posto na próxima edición da feira multisectorial Expo Ordes, cita que acontecerá os vindeiros 25, 26 e 27 de abril. 

Neste espazo promoverase cada un dos sete concellos que conforman a Mancomunidade, así como todas as súas excelencias turísticas e aspectos de índole social, económica e empresarial.

*