Miranda: "Os criterios de reparto dos fondos europeos para a agricultura marcados por Arias Cañete, e asumidos pola Xunta, teñen como consecuencia que o sector agrogandeiro galego perda 308 millóns de euros"
O pasado xoves 20, a candidata do BNG ás eleccións europeas, Ana
Miranda tuvo un encontro cun grupo de gandeiros de Ordes no que salientou a repercusión que isto terá no sector agrogandeiro galego,
que suma 350.000 vacas leiteiras, o 48% de todo o Estado, e propón a creación
dun Fondo Lácteo de Compensación que se nutra dos recursos que recibe o Estado
español procedentes da PAC.
“Moitas das explotacións se
endebedaron precisamente
para comprar cota leiteira e adaptarse a un sistema que desaparece, e desde o
BNG demandamos un fondo que compense a quen fixo investimentos en adquirir unha
cota que agora queda en papel mollado”, explicou Miranda, que cifrou en 200 millóns de euros o
investimento do sector realizado para comprar cota leiteira ao longo destes
anos.
No
encontro mantido en Ordes tamén participou o portavoz nacional, Xavier Vence, e
o portavoz municipal, Ramiro Recouso.
En contra da PAC
Miranda, que como eurodeputada nesta Lexislatura
votou en contra da PAC por entender quen prexudicaba ao sector galego, explicou
que os criterios de reparto dos fondos europeos para a
agricultura marcados polo ministro Arias Cañete, e asumidos pola Xunta, teñen
como consecuencia que sector agrogandeiro galego perde 308 millóns de
euro.
“O noso sector recibirá o 3,2% do total das axudas
que chegan desde Bruxelas, pese a que Galiza aporta o 6% da produción agraria
total e ten o 16% dos gandeiros e agricultores de todo o Estado”, explicou.
A candidata nacionalista subliñou que se o Estado
español aplicase os criterios de Francia, “o sector leiteiro obtería o dobre de
recursos”.
*