martes, 19 de noviembre de 2013

Temor entre os socialistas pola posible desaparición do partido xudicial de Ordes

Consideran que a nova lei que está tramitando o Ministerio de Xustiza suporá o peche dunhas instalacións polas que pasan máis de 130 persoas ao día

Pedreira: "Esta medida é moi prexudicial para Ordes e para os seus veciños, tanto dende o punto de vista económico como xudicial"

O PSOE de Ordes advirtiu hoce dos graves prexuizos que tería para Ordes a desparición do Partido Xudicial ordense, tal e como se derivaría da aprobación da nova Lei de Demarcación e Planta Xudicial que está a tramitar o Ministerio de Xustiza. 

Unha lei que, segundo denuncian os propios xuices, substituirá os Xulgados de Primeira Instancia e Instrucción (tanto unipersonais como de partido) por un Tribunal de Instancia de carácter colexiado con ámbito, competencias e sé provincias.

Ordes conta con dous xulgados nunha sede xudicial moderna e funcional que supuxo un importante investimento por parte do Concello de Ordes e a Xunta de Galicia. Un xulgados que contan con 20 traballadores e celebran uns 1.160 xuízos ao ano. A súa supresión suporía un grave prexuizo para os 32.700 veciños e veciñas que cada ano requiren dos seus servizos e que se verían obrigados a desprazarse ata Santiago. 

Prexuizo a 37.604 habitantes
Unhas molestias que non só afectarían aos veciños e veciñas de Ordes, xa que compre lembrar que o partido xudicial de Ordes está composto polos concellos de Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo e Val do Dubra, o que supón unha superficie de 752,94 km2 e 37.604 habitantes.

Diante desta situación, e ante a evidencia de que a nova Lei de Demarcación e Planta Xudicial supón unha grave ameaza para a continuidade do Partido Xudicial de Ordes, o grupo municipal socialista plantexará unha moción na próxima sesión plenaria para esixirlle tanto ao Consello Xeral do Poder Xudicial como ao Ministerio de Xustiza que garantan a continuidade do Partido Xudicial de Ordes e das dúas salas actualmente existentes.

Xesús Pedreira (PSOE).
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral dos socialistas ordenses
"Esta medida é moi prexudicial para Ordes e para os seus veciños, tanto dende o punto de vista económico como xudicial

“Polos xulgados de Ordes pasan cada día unha media de 130 persoas e se celebran cinco xuízos diarios. Se a sé do xulgado se traslada a Santiago, isto suporía importantes molestias para os máis de 37.000 veciños da comarca, que terían que desprazarse a máis de 30 quilómetros para facer calquera trámite. 

"Ademais, tamén suporía unha significativa merma para a hostalería e para o comercio ordense, pois moitas destas persoas aproveitan que veñen facer estas xestións para mercar ou mesmo para xantar en Ordes”

*