viernes, 8 de noviembre de 2013

O PP alerta da falta de mantemento nas estradas de Ordes

Un tramo de estrada en Buscás logo das choivas.
Martínez Sanjurjo: "Levamos meses advertindo ao Concello das consecuencias do escaso mantemento da rede viaria que coas choivas de outubro provocaron moitos problemas"
 

O Partido Popular de Ordes informou o pasado mércores que as choivas rexistradas o longo do mes de outubro provocaron problemas na  rede viaria municipal de Ordes como consecuencia da falta de mantemento que o Partido Popular ven denunciando desde hai meses.

Pista en Vilamaior.
Desbordamentos
A falta de limpeza de moitos tramos de cunetas, ou o desbrozamento deficiente, co amoreamento de restos vexetais que tupen canalizacións de pluviais provocaron desbordamentos e encharcamentos que dificultan a circulación dos vehículos, comprometen a seguridade viaria e aceleran o deterioro do firme das vías, aseguran dende o PP local.  

O Partido Popular continúa a recibir múltiples queixas de veciños de distintas parroquias que padeceron en primeira persoa os efectos desta falta de mantemento, como sucedeu en Pereira, Buscás, Barbeiros, Vilamaior, Parada, Leira ou Lesta.

Martínez Sanjurjo (PP).
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
"Dende o PP levamos varios meses advertindo ao Concello da necesidade de revisar e reparar as carencias que presentan as estradas e pistas que comunican as parroquias e aldeas de Ordes"

"No entanto, o equipo de Goberno optou por facer caso omiso das reclamacións logo de ter gastado cifras elevadas en actuacións innecesarias como o novo Concello o a ampliación da Alameda, mentres descoidou o esencial"

*