domingo, 24 de noviembre de 2013

Gran éxito na homenaxe aos antigos membros da Banda de Música de Ordes


A Casa da Cultura rexistrou un cheo absoluto de público

Regos: "Resulta necesario apoiar a cultura, algo que dende a Mancomunidade se ven facendo en celebracións coma esta"
 

A Asociación de Amigos da Música de Ordes rendeulle onte unha homenaxe aos máis de 80 excompoñentes cos que contou ao longo dos seus 22 anos de existencia. Un acto que encheu o auditorio da Casa da Cultura de Ordes e co que tamén se honrou á patrona dos músicos, Santa Cecilia. 

O concerto estivo presidido polo alcalde e presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos, quen estivo acompañado por Manuel Mirás, alcalde de Oroso.


Agasallos e diplomas
Tras o concerto no que tocaron un total de cinco pezas, todos os homenaxeados foron requeridos no escenario para entregarlle os seus agasallos e diplomas de mans de Fernando Gontad, director da banda e de José Castro, Miguel Calvo e Lisardo Varela, presidente, vicepresidente e secretario da Asociación Amigos da Música de Ordes, respectivamente. 

Tamén houbo unha mención especial para os falecidos ao longo destes anos, que estiveron representados por varios dos seus familiares.

Xa á tardiña, as rúas da vila volveronse a encher coa música da Banda de Ordes nun concerto aberto ao público e no que tamén participaron moitos dos antigos integrantes que foran homenaxeados horas antes.

Manuel Regos, alcalde de Ordes.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Bríndolles aos músicos todo o meu apoio para continuar con esta gran tarefa e este gran traballo que se está facendo  en nome de Ordes

“Aínda que corren tempos difíciles, é necesario apoiar a cultura, algo que dende a Mancomunidade de Municipios de Ordes se ven facendo en celebracións como a de hoxe”


*