sábado, 23 de noviembre de 2013

Regos: "O traballo do CIM de Ordes é o mellor aval para continuar mancomunando servizos"

Participantes nas xornadas de traballo con profesionais expertos en violencia de xénero.
O presidente da Mancomunidade defende este servizo mancomunidado fronte á idea do Goberno de Madrid de trasladalo ás Deputacións

O Centro da Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes mantivo o pasado mércores unha nova xuntanza de traballo cos profesionais das áreas englobadas dentro do seu sistema de intervención integral en casos de violencia de xénero

Nesta ocasión os asistentes á xornada foron os traballadores e técnicos do ámbito social dos sete concellos da Mancomunidade. 

O presidente da Mancomunidade, Manuel Regos, presente tamén nas xornadas, amosou o seu "apoio incondicional a este proxecto que aportará moito e axudará a aquelas persoas que precisen del". 

Traslado ás Deputacións
Unhas palabras de ánimo e un pulo que o presidente quiso brindarlles especialmente aos traballadores destas áreas, en clara alusión á idea por parte do Goberno central de trasladar as súas competencias e funcións ao ámbito das Deputacións naqueles  municipios con menos de 20.000 habitantes.

A vindeira semana celebraranse as dúas últimas mesas de traballo deste tipo, nas que se convocará a traballadores e profesionais das áreas de seguridade e do ámbito sanitario.

As frases de Manuel Regos, presidente da Mancomunidade de Ordes
"O traballo que se está a realizar nas areas sociais é a mellor carta de presentación e o mellor aval para xustificar a necesidade e a importancia de mancomunidades como a de Ordes

"Proxectos coma este son os pilares máis importantes sobre os que se debe fundamentar a intención de mancomunar  e unificar servizos, sobre todo nos tempos que atravesamos"

 *