Martínez Sanjurjo: “Pareceríanos
mellor e moito máis xusto que se bonificase o IBI das edificacións propias das
explotacións agrarias e o daquelas vivendas nas que residen persoas con
discapacidade”
“Unha
nova tomadura de pelo”. Este é o cualificativo que merece para o Partido
Popular de Ordes a proposta de modificación de ordenanzas fiscais para o
exercicio de 2014 elaboradas polo alcalde de Ordes e que serán debatidas na
Comisión de Contas e Facenda prevista para o próximo luns.
Que
na proposta da Alcaldía se fale da conxelación e da rebaixa de taxas municipais para o ano 2014 é considerado polo
portavoz do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como un “insulto á intelixencia
dos veciños”, tendo en conta que ese mesmo documento consolida a suba media do
53% do IBI para os vindeiros dez anos, aprobada en xuño deste ano cos votos de
UxO, PSOE e CideGa.
O
ICIO sube un 15,38% e o lixo un
5,3%
Ao
tempo, o Concello disponse a aplicar unha suba xeneralizada doutros impostos
que aboan practicamente todos os veciños, como a taxa pola recollida do lixo, a
cal subirá de acordo a proposta un 5,3%. No texto si se contempla a bonificación
da taxa por recollida de lixo de baixos desocupados, a cal xa fora no ano 2011
equiparada a unha vivenda, a partir de unha proposta dun concelleiro popular.
O
Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) subirá un 15,38 % en
Ordes no exercicio de 2014, como consecuencia de fixar o Módulo Básico de
Construción (MBC) en 600 €/m2, cando ata o de agora se situaba en 520 €/m2.
Sempre segundo o Partido Popular de Ordes, fronte
a estas subas que rebasan amplamente o comportamento do IPC interanual, o
Concello volve tentar enganar aos veciños tratando de camuflar a medida maquillándoa
con hipotéticas rebaixas e exencións
puntuais, que resultan “cómicas”, na medida en que responden a supostos que non
son precisamente habituais.
Para “compensar” a suba do IBI e do lixo, o
Concello propón, por exemplo, unha bonificación do 100% no imposto aos
vehículos históricos que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos.
“Desde
o Partido Popular nada temos que obxectar a que se libre do imposto de
circulación aos vehículos con máis de 25 anos, pero pareceríanos mellor e moito
máis xusto que se bonificase o IBI das explotacións agrarias, das vivendas nas
que residen persoas con discapacidade, ou as que non contan con servizos
municipais adecuados”
*