A Corporación municipal do Concello de Ordes, reunida antonte en sesión plenaria. |
O PSOE de Ordes ven aprobada a sea moción, que será de aplicación aso veciños de escasos recursos económicos
O BNG, sorprendido ante a negativa do Goberno municipal a apoiar a moción contra a suba do canon do lixo de Sogama
O Concello de Ordes
acordou na sesión plenaria correspondente ao mes de outubro asumir o copago dos
medicamentos despensados nas farmacias hospitalarias do SERGAS aos veciños e
veciñas con escasos recursos económicos.
Os beneficiarios desta medida, proposta polo PSOE de Ordes, deberán dispoñer dun informe favorable por parte dos Servizos Sociais.
Outra
dos puntos aprobados foi o de instar á Xunta para o mantemento do pozo ubicado
en Fontenlas, na parroquia de Parada, para uso agrícola, ademais da creación
doutros ao longo de todo o Concello. Unha solicitude que tivo o seu punto de
orixen noutra moción presentada polos socialistas ordensen e que finalmente foi
modificada co consenso de todos os grupos, polo que a súa aprobación foi
unánime.
Herba da Pampa
O
mesmo consenso foi o que acadou o último dos textos presentados polo voceiro do
PSOE, Xesús Pedreira, quen reclamou instar á Conselleria de Medio Ambiente,
Territorio e Infrastructuras da Xunta de Galicia a que demande a AUDASA que elimine a denominada herba da Pampa como planta ornamental, xa que está considerada como unha
especie invasora que está a causar estragos de consideración en diversos puntos
do territorio galego.
Por
outra banda foron desestimadas as urxencias das mocións presentadas polo BNG. A
primeira delas facía alusión ao incremento na taxa do lixo imposta por SOGAMA e
que suporá un incremento en arredor dun 35%.
O concelleiro do BNG Pablo Vidal non comprendeu como
o alcalde puido posicionarse en contra deste tema alegando que xa se estaba
tratando o tema na Mancomunidade e con palabras textuais “non ían votar unha
cousa nun sitio e outra noutro”, cando “a proposta do BNG propoñía ao pleno a posicionarse en contra da suba do canon do
lixo pretendido por Sogama e esixir a Sogama a excluír ao Concello de Ordes da
suba pretendida no canon do lixo, debido aos danos colaterais que sufriron,
sofren e por desgraza sufrirán durante moitos anos os seus habitantes ”.
O BNG de Ordes descoñece como
xustificará o alcalde a suba da taxa municipal de recollida do lixo se por
desgraza finalmente se produce a suba do canon, "posto que non fixo todo o
posible por tentar evitala". Dende o BNG, afirmou Vidal, "temos claro que canta máis presión se
faga desde as Mancomunidades colectivamente e desde os Concellos de forma
individual, mais preto estaremos de conseguir evitar a suba do canon do lixo".
Pola usa parte e tal e como se explicou na sesión
plenaria “este é un tema que se está a abordar dende a Mancomunidade de Ordes
en conxunto polos sete concellos que a compoñen” según palabras do alcalde de
Ordes e presidente da Mancomunidade Manuel Regos.
En
segundo lugar tampouco se chegou a debatir a solicitude de creación dun banco
de terras no entorno urbán para a súa cesión temporal co fin de destinalas ao
cultivo e creación de hortas. A explicación veu dada pola enorme similitude que
o proxecto presenta co que actualmente está a levar Cáritas Ordes con outros
organismos e entes municipais.
No
apartado de rogos e preguntas os socialistas viron cómo se tomaban en
consideración as súas peticións en relación ó adecentamento
do camiño entre Castenda e o Campo do
Mouro, así como a inclusión da pista que enlaza con Os Cestaños dende a estrada entre Mercurín e o Quinto. Tamén a retirada de
material inerte, por parte de Demarcación de Estradas e do Ministerio de
Fomento, procedente de obras da estrada N 550 depositado en Guindiboo de
Abaixo, e do estudio do paso de peóns ubicado a carón do Bar Ferreira co fin de
saber si está ubicado nun lugar aconsellable, e a posibilidade de instalar
paneis lumninosos co fin de evitar atropellos.
O BNG solicitou unha mellora nas pistas de concentración parcelaria con
desbroces, ao que se lle respostou que se está analizando a posibilidade de
conceder unha partida orzamentaria adicada a elo e máis a limpeza das mesmas.
Dende o Goberno local tamén se aclarou que en breve se iniciarán as obras de
arranxo da rede de saneamento da rúa O Recreo tras as deficiencias detectadas
tras a última intervención hai un ano por parte da Deputación da Coruña. Do
mesmo xeito se procederá para que o Ministerio de Fomento arranxe as pistas
ubicadas nas inmediacións da nave de
Internaco.
No caso das obras realizadas recentemente na Alameda de Ordes
aclarouse que se trata dun problema co canalón cuxo custo cubriuno íntegramente
a empresa encargada do proxecto, polo que non supuso ningún custo para as arcas
municipais.
Vertedoiro en Fosado
No turno dos populares reclamouse a eliminación dun vertedoiro ilegal en
Fosado, a adquisición da obra literaria da poeta local Marisol Gándara, así
como o repintado e resinalización dos pasos de peóns da vila.
Tamén se
ofreceron explicacións en relacións co custo das festas patronais, as cales
ascenderon a 68.500 euros, dos cales 60.000 euros foron aportados polo
Concello, mentres que as aportacións veciñais achegáronse aos 12.000 euros.
O Concello
tamén tomou en consideración a execución de obras de mellora no lugar coñecido
como O Curro, así como a reparación dunha marquesiña no lugar do Conde.
*