jueves, 21 de noviembre de 2013

O PSOE de Ordes, alarmado pola posible desaparición do 065

Un vehículo do servido de transporte adaptado 065. 
Unha media diaria de 52 veciños de Ordes fan uso deste servizo de transporte adaptado

Xesús Pedreira: “No noso municipio hai algo máis dun milleiro de usuarios potenciais do 065”

O PSOE de Ordes presentará unha moción na sesión plenaria do vindeiro xoves 28 de novembro para instar á Consellería de Traballo e Benestar a que siga subvencionando o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal, o coñecido 065, que permite o traslado diario ou semanal dos dependentes aos centros asistenciais para recibir terapias de rehabilitación que faciliten a súa inserción. 

Un servizo cuxa continuidade está en entredito, logo de que esta mesma semana se coñecese o borrador dun decreto da Xunta que contempla a súa intención de deixar de subvencionar estes traslados e só mantelos en casos puntuais (como ir ao médico) e cun tope de dez viaxes ao mes (que na práctica tan só son cinco viaxes, pois ida e volta contan como dous).

Por iso, os socialistas ordenses buscarán o apoio de todos os grupos municipais para instar á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a seguir subvencionando este servizo nas mesmas condicións que está na actualidade.

Na actualidade en Ordes están dispoñibles dous vehículos, que realizan un percorrido medio de 10.000 quilómetros ao mes, o que dá unha idea do alto nivel de utilización que ten este servizo.

Xesús Pedreira (PSOE).
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista de Ordes
“Este novo recorte nas prestacións sanitarias por parte do Goberno do PP afectaría moi negativamente aos 52 veciños e veciñas de Ordes que fan uso a diario deste servizo na actualidade”

“En Ordes hai algo máis dun milleiro de usuarios potenciais do 065, dos que 52 deles fan uso a diario deste servizo e tan só trinta persoas podían facer o percorrido de xeito gratuíto, ao ingresar menos de 400 euros

*