jueves, 14 de noviembre de 2013

Ordes modernizará a súa praza de abastos


Exterior da praza de abastos de Ordes, na rúa do Mercado.
Manuel Regos: "Esta remodelación se presenta como un incentivo e unha aposta polo comercio de proximidade”

O Concello de Ordes ven de iniciar as obras de reparación, modernización e remodelación do seu mercado de abastos. Un proxecto no cal se investirán un total de 160.000 euros e para o que se conta cunha subvención por parte da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia que ascende a 120.000 euros.

O proxecto contempla as seguintes intervencións: o acondicionamento dun acceso directo desde o exterior para persoas con movilidade reducida, reforma dos aseos, apertura de ocos na fachada e instalación de fiestras, demolición do aceirado existente e sustitución por otro, tapado de xardinería e reposición da fachada no seu lugar, así como a colocación de xardineirasbolardos

Tamén se tapiarán os muelles de carga actualmente en desuso, se restaurarán as portas de acceso e se limpará a fachada e cuberta. Ademais dotarase ao inmoble das instalacións precisas para reducir o consumo eléctrico

A execución destes traballo agárdanse que estean rematados a mediados do vindeiro mes de decembro.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes 
"Esta remodelación se presenta como un incentivo e unha aposta polo comercio de proximidade

"Dende o Goberno local rexeitamos as críticas infundadas contra este proxecto que conta cunha ampla cobertura financieira por parte da Xunta e que, sen dúbida, aportará un beneficio para a poboación e o tecido comercial de Ordes”

*