martes, 19 de noviembre de 2013

O ámbito educativo de Ordes celebra unha mesa de traballo para analizar a violencia de xénero


Trátase da primeiro grupo de profesionais que se reúnen para traballar no Sistema de Intervención Integral elaborado polo CIM da Mancomunidade de Ordes

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, dei a benvida esta mañá aos representantes de doce centros educativos de Educación Primaria e Secundaria da comarca de Ordes participaron na Mesa do Ámbito Educativo

Unha xornada de traballo englobada dentro do proceso de elaboración do Sistema de Intervención Integral en Casos de Violencia de Xénero, posto en marcha polo CIM da Mancomunidade de Ordes e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo. 

Entre os presente atopábanse a directora do CIM, Nazaret González e diversos membros de diversos departamentos administrativos da Mancomunidade de Ordes, ademais de por Jesús Spínola Conde, técnico do Servizo de Protección de Menores da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Violencia de xénero
Tras unha breve presentación da actividade que habitualmente se desenvolve por parte do CIM de Ordes e os seus obxetivos,  descrición dos usuarios máis habituais e unha enumeración dos recursos cos que conta, procedeuse a abordar o tema da violencia de xénero de xeito máis concreto, incidindo nas distintas problemáticas e aspectos negativos que conlevan para as sociedades e sectores nos que se da. 

A continuación falouse de cómo afecta aos menores e as funcións e ventaxas que aporta neste ámbito o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI). Unha aplicación informática para a notificación e rexistro do maltrato infantil dende o ámbito educativo

Seguindo na estela das aplicacións informáticas abordouse e presentouse a todos os presentes a páxina www.ordesenviolencia.org

*