viernes, 8 de noviembre de 2013

Homenaxe a Manuel Astray e Jesús Iglesias polos seus 30 anos de servizo na Policía Local de Ordes



En activo dende 1983

O alcalde Manuel Regos presidiu onte un acto de homenaxe aos axentes locais Manuel Astray e Jesús Iglesias polos seus 30 anos de servicio no corpo da Policía Local de Ordes. 

O alcalde agradeceulle a ambos a súa dedicación, e físolles entrega dun agasallo en nome do Concello de Ordes. Tanto Manuel Astray como Jesús Iglesias tiveron ocasión para compartir anécdotas e agradecer tamén a colaboración de dirixentes e compañeiros de traballo durante todo este tempo.  

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Manuel Astray e Jesús Iglesias son dous exemplos de traballadores a quen lles tocou iniciar a súa traxectoria de servizo nun momento de transición política, con todas os problemas que elo suponía”

*