sábado, 23 de noviembre de 2013

O BNG, a favor da humanizar e peonizar as rúas do Mercado e Compostela

Tramo inicial da rea do Mercado, na vila de Ordes.
Ramiro Recouso: “Queremos favorecer a dinamización comercial destas rúas e mellorar a calidade de vida mediante a ampliación de beirarrúas e a peonalización algún tramo" 

O grupo municipal do BNG en Ordes anunciou onte que presentará no vindeiro pleno municipal unha proposta para humanizar e peonalizar a rúa do Mercado e o tramo inferior da rúa Compostela.

A proposta que o BNG levará a pleno plantexará a peonalización da rúa do Mercado, desde o número 1 ao 12 (intersección coa Rúa Compostela) deixando so un carril de circulación para urxencias e acceso a garaxes.

Na rúa do Mercado, dende o nº 13 ate final, supresión de estacionamento nunha marxe da rúa e ampliación das beirarrúas.

Ramiro Recouso (BNG).
As frases de Ramiro Recouso, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Historicamente, Ordes, sufriu unha pésima xestión urbanística que provocou que sexa unha vila moi pouco atractiva, onde sempre se primou o espazo pra o tráfico de automóbiles en detrimento dos espazos peonís

"O BNG de Ordes pretende comezar a mudar esta situación plantexando a elaboración e posterior execución dun proxecto de humanización e peonalización das dúas rúas, hoxe por hoxe, máis comerciais da vila de Ordes que son a rúa do Mercado e a rúa de Compostela

“O que pretendemos con esta humanización é favorecer a dinamización comercial destas rúas e a mellora da calidade de vida de veciños e transeúntes  ampliando os espazos peonís mediante a ampliación da beirarrúas e a peonalización dalgún tramo das mesas”

*