Ramiro Recouso: "Se están executando obras que e derrubando outras que se acometeron no 2010"
O voceiro do BNG de Ordes, Ramiro
Recouso, manifestou o pasado martes que se están “executando obras de reforma por importe de
158.400 euros, que están derrubando outras que se acometeron no 2010, por importe de
138.000 euros”.
O
voceiro nacionalista critica “a falta de criterio para acometer unha reforma
integral da praza de abastos, e unha manifesta falta de vontade política pra facilitar
a instalación de novos postos, que dende hai anos demandan múltiples emprendedores
que pretenden montar o seu negocio de alimentación ”.
O BNG
acusa ao alcalde, Manuel Regos, de dilapidar subvencións da Xunta de Galicia e fondos propios do
Concello “sen ton nin son”. “Para os nacionalistas non é de recibo que se
levanten as beirarrúas da praza pra facer outras de formigón; tirar os alicatados instalados no 2010 ou
mesmo derrubar unha rampla de acceso de discapacitados, feita tamén en 2010,
pra facer outra.”
"Boicoteo"
Ademais,
Ramiro Recouso, acusa a Regos de boicotear a presenza de empresas locais nas
obras que se acometen no Concello. “E práctica habitual no Goberno de Regos,
recorrer ao concurso negociado sen publicidade, convidando a empresas foráneas,
en detrimento das locais” o que confirma que algo turbio existe na reiteración
desta practica.
Para o nacionalista, resulta “curioso” que a empresa gañadora do concurso sexa a mesma que realizou
obras na Alameda, e que actualmente está tentando reparar as humidades
provocadas pola mala realización das mesmas.
“Regos adxudicoulle esta obra,
cando esta empresa realizou unha oferta que tan só rebaixa un triste 1% o
importe de execución contemplado no proxecto, que ascendía a 160.000 euros”
*
*