Presidido polo alcalde Manuel Regos e o coronel Yáñez, da Infantería de Mariña do Tercio Norte do Arsenal de Ferrol
A igrexa parroquial de
Santa María de Ordes acolleu na mañá de onte os actos de conmemoración ao soldado
Lois no cementerio municipal do Piñeiro.
Unha celebración que todos os anos congrega a centenares de veciños e
veciñas e a unja representación da Infantería de Mariña de Ferrol.
“O soldado Lois foi capaz
de entregar heroicamente a súa vida pola dos seus compañeiros. Pódese dicir que
actuou igual que Xesucristo, xa que ambos se negaron a sí mesmos en beneficio
dos demais. Pouca ou ningunha diferencia hai entre os santos e os heroes como o soldado Lois”.
Así se expresaba na
homilia o párroco castrense da Infantería de Mariña do Tercio Norte do Arsenal
de Ferrol.
Entre os asistentes
destacaron o alcalde de Ordes, Manuel Regos, e o equipo de Goberno Local ao
completo; membros da corporación local como Xesús Pedreira (PSOE), Ana Álvarez
(CideGa) e José Luis Martínez Sanjurjo (PP).
Asistiron alcaldes doutros concellos da Mancomunidade
de Ordes como Mariano Iglesias (Mesía), José Dafonte (Trazo) ou Roberto Rey
(Frades).
Tamén acudiron o capitán xefe e o tenente da Comandancia da Garda
Civil de Santiago, Luis Arroyo e Óscar Mosquera; o sarxento do posto da Garda
Civil de Ordes, Antonio Ricardo Pérez; o capitán da Garda Civil de Carballo,
Jesús del Río; así como o Coronel Yáñez, por parte da Infantería de Mariña do
Tercio Norte do Arsenal de Ferrol.