Parte do Goberno municipal de Ordes, durante o debate plenario celebrado onte. |
A tenente de alcalde, Silvia Marín, asegura que tanto Ordes como outros
concellos con gobernos independentes non son convidados a algunhas reunións
O PSOE ve aprobadas todas as súas mocións; o BNG, ningunha
O pleno do Concello de
Ordes celebrado onte aprobou por unanimidade a declaración institucional en
conmemoración co Día Internacional contra a Violencia de Xénero acontecido o
pasado luns. Antes, a Corporación municipal agardou un minuto de silencio pola memoria polo antigo edil popular José Manuel del Río Regos, falecido esta mesma semana.
Xa no apartado de mocións,
o PSOE solicitou instar á conselleira de Traballo e Benestar a continuar coa
subvención do traslado diario ou semanal daqueles dependentes que fan uso do
servizo de transporte 065.
Unha solicitude baseada nas últimas novas publicadas
nas que se indica a intención da Xunta de Galicia de eliminalo en próximas
datas. Algo que negou o portavoz dos populares ordenses, José Luis Martínez
Sanjurjo, quen asegurou a existencia “dunha partida de 13 millóns de euros para
este servizo que está blindado por decreto lei, aínda que se estén revisando
algunhas das súas condicións”.
“Un servizo do que actualmente en Ordes se
benefician máis de medio cento de veciños e veciñas conha discapacidade igual
ou mallor ao 65 %”, según manifestou a voceira municipal, Silvia Marín.
Ante este tema os
nacionalistas interpretaron as informacións como “algo acorde coa política de
privatización seguida polo PP”. Finalmente a moción foi aprobada por todos,
agás polo PP que se abstuvo.
Vía verde
A segunda moción dos
socialistas solicitaba unha vez máis a creación dunha vía verde Santiago de Compostela-Oroso-Ordes,
seguindo o trazado ferroviario en desuso propiedade de ADIF, solicitando a
implicación da Consellería de Medio Ambiente, da Deputación Provincial e da
Fundación do Ferrocarril de España.
O seu voceiro, Xesús Pedreira, advertiu do
peligro de que “estas zonas se convirtan en vertedoiros incontrolados dado o
nulo mantemento”. Unha iniciativa que o Goberno local valorou positivamente xa
que son máis de 20 quilómetros no caso de Ordes, e que seguiría en paralelo a
unha parte do río Sionlla e outra do Lengüelle.
Para o PP trátase “dalgo moi
positivo e interesante pero que dada a situación actual non é prioritario”,
polo que se abstivo nunha votación que saiu adiante cos votos das demais
forzas.
A última das propostas o
PSOE trasládalle ás consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, Territorio e
Infraestructuras a necesidade de que se incorpore á futura Lei de Caza de
Galicia a tipificación de ‘especie dañina’ ao xabarín.
Tamén se solicitou á
corporación o seu apoio para oporse á calquera intención por parte de levar a
norma un apartado no que se convirta aos productores vítimas das mandas de
xabaríns en contribuíntes polos danos
sufridos nas súas explotacións. Unha cuantía que debería ser ingresada no Fondo
de Corresponsabilidade, tal e como figura no anteproyecto da citada lei.
De
“inxusta” tildou Silvia Marín esta aplicación “porque os gandeiros e agricultores
de Ordes xa non poden afrontar máis gastos dada a situación”. Dende a bancada
do PP puntualizaron que “non só únicamente os labregos e agricultores quenes
contribuirían co Fondo de Corresponsabilidade senón que o farían todos os
axentes implicados”.
Unha vez máis os socialistas viron aprobada a última das
súas mocións con apoio de todos os grupos, agás os populares que nesta ocasión
votaron en contra.
O BNG non conseguiu que se
aprobase o debate do texto que plantexaba unha reestructuración dos gastos
municipais, nin tampouco a súa proposta de humanización e peonalización de
parte da rúa do Mercado e Compostela. Un plantexamento baseado na “reactivación
da economía e do comercio nesta zona da vila”. Gran parte dos voceiros
consideraron, e así o manifestaron, que se trata dun proxecto atractivo pero
tamén moi custoso e que precisa de estudios detallados dos que ata agora se
carecen.
Por último os
nacionalistas presentaron unha moción relativa á elaboración de novos plans
especiais por parte da Deputación da Coruña para os concellos da provincia.
Según manifestou Ramiro Recouso “é preocupante que a política de convenios e de
subvencións nominativas se esté a converter nunha práctica habitual que
posibilita o trasvase económico a concellos sen necesidade de convocatoria
previa de programas.
Un momento que Silvia Marín aproveitou para criticar
enérxicamente “o trato que dende a Deputación se brinda a aqueles concellos
gobernados por grupos independentes, tanto á
hora de ser recibidos para tratar e debatir temas e proxectos como para
recibir subvencións, as cales sufriron reducións drásticas de máis da metade”.
Marín asegurou que en moitos casos nin son invitados a algunhas das xuntanzas
que se convocan cos municipios, “e este xeito de proceder é un perxuizo para os
nosos veciños e veciñas que pagan os seus impostos e cumplen coa súas obrigas
trubutarias”.
Unha moción que finalmente no prosperou, en gran medida, porque
no texto se solicitaba á Deputación a peonalización e humanización das rúas
mencionadas anteriormente, aspecto éste que o voceiro nacionalista se negou a
correxir.
Nesta ocasión, os populares
non viron prosperar o debate da súa proposta referente á elaboración dunha
ordeanza reguladora do uso e mantemento das vías públicas municipais. Un aspecto
que tal e como precisou Marín xa está contemplado nunha ordenanza aprobada o
pasado 30 de xuño de 2009. Aínda así os populares poderán mostrar e defender o
seu parecer neste tema nuha das comisións que se celebrarán próximamente.
Xa no apartado de rogos e
preguntas o Goberno manifestou a posibilidade de declararse insumiso ante o
incremento do 34 % do canon que Sogama aplica aos municipios pola recollida e
tratamento dos residuos.
Ante a pregunta da
instalación de novos postos comerciais na praza de abastos asegurouse que en
canto se dicte resolución do contencioso administrativo que se mantén cunha das
actuais comerciantes procederase a asignación
de novos postos, “xa que debido a este punto non se pode levar a cabo”.