Tamén proporán medidas de reducción de gastos municipais
O BNG de Ordes defenderá no pleno ordinario da Corporación que se celebrará mañá xoves 28, as 20:00 horas duas mocións.
A primeira trata da humanización da rúa do Mercado e da rúa Compostela, da que xa demos conta mediante nota de prensa o pasado venres.
A segunda tentan acadar un acordo para reducir e optimizar os gastos do Concello de Ordes.
Presión fiscal
O Goberno de Regos aumentou a presión fiscal sobre os cidadáns de Ordes, dada a grave situación financieira do Concello, pero non adoptou medidas de redución de gastos.
Presentamos unha serie de iniciativas que conlevaría un aforro económico que se achegaría aos 500.000 euros.
*