A sicóloga Dolores García e Ana López, directora da biblioteca, cun grupo de novas lectores. |
O clube de lectura da biblioteca municipal e o Concello de Ordes organizan estas actividades
Os clubes de lectura da
biblioteca municipal de Ordes recibiron note a visita da sicóloga da Mancomunidade
de Municipios da Comarca de Ordes, Dolores García.
Os membros de ambos dous
grupos, Sopa de libros (6, 7 e 8 anos) e Aventuras dos libros (9, 10 e 11 anos)
tiveron a oportunidade de preguntarlle a Dolores en qué consiste o seu
traballo e qué tarefas realiza nunha das sús xornadas diarias.
Ademais, tamén
comentaron as lecturas programadas para esta ocasión, Retoñito e Ás de mosca
para Anxo.
Clases de baile en liña na local social da rúa Reconciliación. |
Baile en liña
Por outra banda, un grupo de nenos e nenas de Ordes
iniciaron estes días as súas clases de baile en liña, onde perfeccionan e
aprenden novos pasos cos que realizar coreografías conxuntamente.
Unha
actividade organizada polo Concello de Ordes e que se leva a cabo unha vez á
semana no local social ubicado na rúa Reconciliación.
*