viernes, 15 de noviembre de 2013

Dan comezo os novos cursos de informática en Ordes



O Concello xa ten aberto o prazo de inscrición para próximas convocatorias

O Concello de Ordes ven de iniciar un novo curso de informática no que unha ducia de veciños e veciñas de Ordes están a adquirir coñecementos sobre internet e outras aplicacións ofimáticas. 

Está previsto que as clases se impartan ata mediados do vindeiro mes na casa da cultura e en horario de tarde. Dende o departamento de Cultura e Deporte xa está aberto un novo prazo de inscrición para participar en próximas convocatorias deste curso, así como noutro de arte floral.

*