Presentará unha moción “de mínimos” no Pleno coa
intención de que sexa apoiada polos restantes grupos
Faise necesario manter en óptimas condicións o firme e as
cunetas da rede viaria, polo que non se pode seguir consentindo que certas labores
agrarias estraguen estas infraestruturas
O Partido Popular de Ordes anunciou hoxe que á vista dos múltiples estragos que
presentan a cotío o firme e as cunetas da rede viaria municipal -e sirvan como
exemplo os rexistrados fai menos de un ano nalgunhas pistas da zona de
concentración parcelaria de Beán-Pereira como consecuencia da masiva extracción
de madeira-, o Partido Popular de Ordes proporá a elaboración dunha ordenanza sobre
o uso e mantemento das vías públicas, que regule tamén as actividades
relacionadas coas labores agrarias e a extracción de madeira nos montes e
espazos forestais deste municipio.
José Luis Martínez
Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular, entende que esta ordenanza
debería elaborarse por consenso e a tal efecto presentará no vindeiro pleno
municipal unha moción “de mínimos”, que agarda sexa apoiada polas restantes formacións
representadas na Corporación municipal.
A ordenanza que o
Partido Popular pretende sacar adiante sería de aplicación para actividades
particulares, así como para as realizadas por empresas e autónomos do sector
agrario e forestal.
Liñas básicas
As liñas básicas que
debería contemplar a ordenanza reguladora
do uso das vías públicas para as actividades relacionadas coa extracción
de madeira no concello de Ordes serían as seguintes:
- Toda empresa que se dispoña
a realizar actividades de corta e
extracción de madeira no municipio de Ordes deberá solicitar autorización de
uso das vías de titularidade municipal ao Concello, cunha antelación mínima de
10 días naturais, especificando as vías públicas que ten previsto utilizar para
almacenar e/ou transportar a madeira e a duración prevista dos traballos. En
ausencia de resposta, a autorización entenderase como concedida.
- No momento de formular a
solicitude, a empresa comprometerase a reparar calquera dano que poda
ocasionar nos equipamentos públicos e a
retirar calquera residuo que poda xerar a súa actividade nas vías e espazos
utilizados.
- Recibida a solicitude da
empresa, o Concello elaborará un informe sobre o estado previo das pistas e
estradas que se teña previsto utilizar para os traballos. Ese informe estará a disposición
da empresa que solicite o uso do espazo
público para os seus traballos. Durante a execución dos mesmos, os
servizos municipais comprobarán que as empresas usan realmente os espazos para
os que se solicitou autorización.
- Rematados os traballos de
corta, almacenamento e transporte, o Concello inspeccionará o estado dos
espazos públicos utilizados. No caso de que estes sufrisen danos, a empresa
responsable autopromoverá ou sufragará a reparación dos desperfectos ocasionados,
e de non facelo poderá ser sancionada.
- As empresas que executen os
traballos sen causar danos aos equipamentos públicos non aboarán taxa algunha
pola tramitación das autorizacións de uso dos espazos públicos.
- A ordenanza incluirá unha
táboa sancionadora para as empresas que non soliciten a autorización de uso das
vías públicas para os traballos regulados nesta ordenanza.
A ordenanza tamén deberá
contemplar un código de boas prácticas, encamiñado a manter en óptimas
condicións o firme e as cunetas da rede viaria municipal creada logo dos
procesos de concentración parcelaria, en especial naquelas parcelas con fronte
a pistas e que non foron dotadas de accesos con tubaxe.
Nalgúns destes casos, o
laboreo dos predios foi eliminando as cunetas necesarias para a evacuación da
auga da choiva, co conseguinte deterioro da pista.
*