Organizada pola delegación ordense da AECC e presidida por Emilia Vázquez Pardo
Manuel Regos: "É unha responsabilidade de todos nós aunar esforzos para conseguir erradicar esta enfermidade"
Un total de 230 persoas
asistiron á cena de gala que a Asociación Española Contra o Cancro de Ordes
celebro na norte de onte no restaurante El Tunel.
Unha cita que nesta ocasión tivo que
colgar o cartaz de completo logo de vender os 225 pases que daban dereito a
desfrutar dun menú no que tamén había reservada unha serie de
sorpresas. Por todo elo, e tendo en conta que cada un deles ascendía a 25 euros
cabe falar dunha recadación de máis de 5.500 euros.
A velada comenzou coa benvida por parte da
presidenta da AECC de Ordes, Emilia Vázquez Pardo, quen agradeceu a presenza de
todos os comensais, así como a todos os que colaboraron na organización dun evento que “cada ano congrega a máis xente de todo o municipio”.
Emilia Vázquez
tamén tivo unhas palabras especiais de agradecemento para o Concello de Ordes
“pola súa colaboración sempre que se lle
solicita, e pola axuda noutros eventos como podes ser Expo Ordes, onde sempre se
lles brinda un lugar preferente nas instalacións montadas para dito evento”.
Responsabilidade social
O
seguinte turno de palabra foi para Manuel Regos, alcalde de Ordes e presidente
da Mancomunidade de Ordes, quen destacou o protagonismo que se merecen “tanto
as persoas que están loitando contra a lacra do cancro como para todos aqueles
que están ao seu carón”.
Regos tamén destacou que “é unha responsabilidade de
toda a sociedade aunar esforzos para conseguir erradicar esta enfermidade que
afecta a tantas familias”.
Marcos Calvo,
psicólogo da AECC de Ordes, foi o encargado de finalizar a quenda de discursos
“agradecéndolles a todos a súa presenza e apoio económico nun momento no que en
moitas ocasións no é doado poder pagar unha entrada a un evento deste tipo”.
*