martes, 19 de noviembre de 2013

A Mancomunidade de Ordes acorda o mantemento do seu servicio de atención temperá

Momento da celebración do pleno da Mancomunidade, esta maña nos baixos da Alameda de Ordes.
No pleno de hoxe acordouse solicitar unha subvención á Deputación da Coruña para o financiamento dos servizos sociais comunitarios básicos

Na mañá de hoxe tivo lugar o pleno ordinario da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha sesión na que se acordou a solicitude de diversas subvencións destinadas á implantación ou á continuidade de servizos e proxectos nos concellos que conforman dita institución. 

Así, solicitaranse á Deputación da Coruña, de cara ao vindeiro exercicio 2014, á  cantidade de 121.800 euros para continuar co financiamento  dos servicios sociais comunitarios básicos dos concellos de Frades, Oroso e Ordes. 

Neste día tamén se aprobou o mantemento do programa de atención temperá para nenos e nenas de ata 6 anos. Un servizo do que se benefician actualmente arredor de 100 usuarios con necesidades transitorias ou permanentes con dificultades de desenvolvimiento

Uns obxetivos que se acadan grazas a labor pretada por unha traballadora social, unha logopeda e unha psicóloga.

Igualdade 
Outro dos puntos que se tratou na xuntanza de hoxe foi a realización de distintas actividades para o desenvolvemento de políticas de igualdade entre homes e mulleres, así como de loita contra a violencia de género

En sintonía con esta temática aprobouse tamén o manifesto contra a violencia de xénero, cuxa xornada reinvindicativa se celebrará o vindeiro luns. 

Gala do Deporte
Dentro do apartado de subvencións tamén se vai demandar axudas de cara á continuidade da Gala do Deporte, que cada ano se celebra nun concello da zona, así como coa mostra de obradoiros culturais

Con este tipo de solicitudes tamén se persegue manter o servicio de dinamización de lingua galega, activo ata o pasado mes de outubro. Por último deuse ao visto bo para solicitar a segunda fase de sinalización para os municipios da comarca, tanto no eido urbano como rural.

*