Co gallo da programación do Día das Letras Galegas, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes entregou na mañá de note os
premios da fase local do concurso de cuñas de radio ‘O galego na onda’,
convocado pola Rede de Dinamización Lingüística na súa programación co gallo do
Día das Letras Galegas.
O acto tivo lugar no CPI da Ponte Carreira (Frades) e
contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta,
Valentín García; do presidente da Mancomunidade e alcalde de Ordes, Manuel
Regos; e do alcalde de Frades, Roberto Rey.
Na categoría de primeiro e segundo curso da ESO, o primeiro premio
correspondeu á cuña elaborada por Marta Rey, Diego Bodelo e Andrea López. O
segundo premio foi para a creación de Sara Uzal, Matías Bodelo e Lorena García.
En canto á categoría de terceiro e cuarto da ESO, obtiveron o primeiro premio
Lucía Mosquera e Sandra Mella. O segundo correspondeulles a Sheila Rodríguez e
Sara Rivadas.