jueves, 19 de junio de 2014

O PSOE reclamará ao Ministerio a "limpeza urxente" da N-550 ao seu paso por Ordes

Xesús Pedreira: "As cunetas están cheas de xestas e de toxos de gran tamaño que supoñen un elevado risco de lume"

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, anunciou o pasado martes unha serie de iniciativas parlamentarias sobre a situación das marxes das estradas de Ordes. Sinala que a proliferación de maleza logo dun inverno moi chuvioso eleva o risco de incendios forestais na N-550 e outras estradas do concello. 

Por iso, os socialistas galegos queren que a Xunta se dirixa ao Ministerio de Fomento para que proceda á limpeza urxente das marxes da estrada nacional, cun alto risco pola continuidade que ten a estrada, asolagada pola maleza, con zonas arboradas.


Esta iniciativa, que será presentada na Cámara autonómica, coincide coa aprobación recentemente dunha proposta semellante no Concello de Ordes a proposta da Agrupación Socialista de Ordes

O seu voceiro municipal, Xesús Pedreira, explica que “como o ano pasado xa non se desbrozou, agora as cunetas están cheas de xestas e de toxos de gran tamaño que supoñen un elevado risco de lume agora que se achega o verán”.

*