Organizado polo grupo de gaitas Os Viqueiras en colaboración co Concello e Mancomunidade de Ordes, Federación de Grupos de Música e Baile Tradicional da Comarca de Ordes, Esymar Artes Gráficas, e Gaitas Seivane
As rúas da vila de Ordes acollaron o paseo venres os
ritmos e sons más tradicionais coa celebración
do VI aniversario de Noites de Tasca. A Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras
de Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, contaron para a celebración con
vinte establecementos nos que actuaron outros tantos grupos folclóricos
procedentes de toda a comarca, así coma doutros puntos como Asturias, A Coruña
ou Lugo.
A festa e a gran foliada rematou xa ben entrada a madrugada no bar
Islia, onde todos os grupos se deron cita para facer bailar ao numeroso público
asistente.
Obradoiros de baile
Previamente, o ambiente festivo e musical en Ordes comenzou pola tarde cos obradoiros de
baile e as actuacións que se deron no Museo do Traxe.
Os mestres Xoán Pena e
Beatriz García, da Asociación Sementes da Arte, foron quenes dirixiron este
encontro no que os máis novos demostraron as súas dotes coas coreografías, as
gaitas e as pandeiretas.
O músico e artesán Oli Xiráldez impartiu dende media
tarde un obradoiro de creación de instrumentos artesáns tradicionais no que numerosos nenos aprenderon a construir asubíos de avelás e frautas de
cebolas.
Colaboradores
Colaborando nesta
iniciativa, ademais do Concello de Ordes, tamén está a
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, a Federación de Grupos de
Música e Baile Tradicional da Comarca de Ordes, Esymar Artes Gráficas, e
Seivane.
*