jueves, 19 de junio de 2014

Os veciños poderán renovar o DNI en Ordes do 17 ao 19 de xuño


Cita previa chamando ao 981 680002

O Concello de Ordes pon en coñecemento dos seus veciños e veciñas que o equipo móbil de renovación do DNI visitará o municipio os vindeiros 17, 18 e 19 de xuño

Atenderán ao público en horario de mañá na Casa da Cultura. Todos aqueles que queiran expedir por primeira vez, renovar ou compulsar o seu documento nacional de identidade deberán solicitar unha cita previa chamando ao teléfono 981 680002.

*