domingo, 22 de junio de 2014

O Jogafán Ordes, subcampión da Copa Autonómica


Perderon na final contra o Autos Leiros por 4-5

O Jogafán Ordes F.S proclamouse subcampión da Copa Autonómica e campión da Sección Norte tras un partido contra o Autos Leiros (Mos) no que o marcador finalizou plasmando un resultado de 4-5

O partido foi seguido por un numeroso público que encheu as instalación do pavillón Castelao II. Previamente o Riazor F.S venceu por 3 - 0 ao Libertad F.S. o que lle permitiu aos herculinos alzar a Copa Provincial.

Gran churrascada
A xornada en Ordes estivo caracterizada non só pola deportividade senón tamén pola festa e a diversión, e en gran medida grazas á gran churrascada que se organizaou a mediodía para os xogadores, cadro técnico, directiva e seguidores.
Tanto a tenente de alcalde, Silvia Marín, como es concelleiros Lucía Iglesias e Roberto Iglesias estiveron apoiando aos locais en todo momento. Tamén se contou coa presencia do representante da Federación Galega de Fútbol Sala.

*