jueves, 5 de junio de 2014

Charla mañá sobre fibromialxia, artrose, osteoporose e depresión

Terá lugar nos baixos da Alameda a partir das 20:00 horas 

Mañá venres 6 de xuño, a Asociación Galega de Fibromialxia (AGAFI), en colaboración coa Clínica Médica Rúa do Muiño-Ordes levará a cabo unha charla coloquio sobre ‘Hábitos saudables na fibromialxia, artrose, osteoporose e depresión’

A actividade é de entrada libre e celebrarase ás 20:00 horas na sala de conferencias ubicada nos baixos da Alameda.


Neste encontró intervirán María Dolores Bermúdez, presidenta de AGAFI; e José Manuel Fernández e Manuel do Muiño, médicos de familia.

*