lunes, 23 de junio de 2014

Os socialistas de Ordes opóñense á ampliación do vertedoiro da Areosa

Pedirán no pleno municipal a retirada do proxecto

Pedreira: "A pretensión de convertir a Areosa no macrovertedoiro de Galicia suporá graves prexuízos para os veciños de Ordes"

A Agrupación Socialista de Ordes denuncia que a ampliación do vertedoiro da Areosa, anunciado este mesmo mes pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, terá consecuencias medioambientais adversas para os veciños das parroquias próximas e un maior deterioro das infraestruturas viarias polo paso dun maior número de camións transportadores de residuos

Por iso, o PSOE de Ordes pedirá na sesión plenaria deste xoves que o Concello de Ordes inste á Xunta de Galicia a abandonar este proxecto de ampliación do vertedoiro de Areosa polos prexuízos que ocasionará aos veciños de Ordes.

Xesús Pedreira (PSOE).
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista de Ordes
“Temos que lembrar que cerca de 400.000 toneladas das máis de 900.000 toneladas que recibe cada ano Sogama van parar ao vertedoiro da Areosa, que xa no ano 2012 acumulaba case dous millóns de toneladas de residuos sólidos urbanos"

"A pretensión de Agustín Hernández, reciclado e reutilizado agora con urxencia para alcalde de Santiago, de converter Areosa no macrovertedoiro de Galicia implica graves prexuízos para os veciños e veciñas das parroquias próximas a modo de cheiros, lixiviados, etc”. 

“O incremento do número de camións con destino a Sogama suporá un maior deterioro da rede viaria e iso repercutirá economicamente sobre o concello de Ordes, xa que tanto a Xunta como Sogama se desentenden do mantemento destas estradas que estropean, pero cuxo arranxo ten que ser sufragado polas arcas municipais

*